Saltar al contenido principal

Novas

VIII “O berce de Donaire”

VIII “O berce de Donaire”

Un ano máis, achegamos á canteira da asociación ao medio escénico con este festival infantial de música e baile tradicionais.

A cita é o sábado 13 de maio ás 17:30h. no Auditorio do Centro Ágora, e teremos acompañarannos a A.C. O Castro dende Miño e a A.C. Nemeth de Carballo.

As entradas están xa á venda en https://www.ticketea.com/entradas-festival-viii-berce-donaire-agora/

Obradoiro de pandeiro con Xabier Díaz

Obradoiro de pandeiro con Xabier Díaz

Informamos dun novo obradoiro na asociación.

Trátase dun obradoiro dixirido a persoas con experiencia dentro da percusión tradicional e impartido por Xabier Díaz.

Será o sábado 18 de marzo no CCM de Eirís en dous turnos*:

Iniciación: Persoas con soltura no manexoda pandeireta e os seus ritmos.

Perfeccionamento: Persoas con coñecementos básicos en pandeiro/a e altos nos ritmos da pandeireta.
*Prazas limitadas por orde de reserva.

Para dúbidas e inscricións podedes escribirnos a info@acdonaire.com.

Obradoiros no primeiro trimestre

Obradoiros no primeiro trimestre

extra-donaire-1o-trim


 

BORDADO AO AIRE

Venres do 14/10 ao 16/12
19 a 20:30h.- CCM de San Diego

Imparte Telly Miser

50€ (socios) / 60€ (non socios)


CONSTRUCIÓN DE PANDEIRO

Sábado 29 de outubro
10 a 14 ou 16 a 20h. – Local Donaire

Imparte Xosé Maceda

53€ (socios) / 63€ (non socios)
– Cada quen leva o pandeiro ao remate –


INICIACIÓN AO SOLFEXO

Sábados de novembro
17 a 18:30h. – Local de Donaire

Imparte Carmen Rey

40€ (socios) / 50€ (non socios)


CURSO DE COLARES

Venres 25/11, 2/12 e 9/12
17 a 19h.- CCM de San Diego

Imparte Telly Miser

40€ (socios) / 50€ (non socios)
– Inclúe material para cinco colares –


Para reservar prazas hai que enviar un correo electrónico a info@acdonaire.com.

Informaremos do nº de conta para confirmar a praza, o cal poderá facerse ata 10 días antes do comezo de cada obradoiro.

En caso de non facer o ingreso no prazo indicado perderase dita praza.

Participación na Tall Ships Race

Participación na Tall Ships Race

Entre o 11 e o 14 de agosto celébrase na Coruña unha nova edición da Tall Ships Race, un evento multitudinario que traerá á cidade a milleiros de persoas.

Donaire estaremos facendo o que mellor sabemos as noites do venres 12 e sábado 13, con actuacións de rúa entre A Mariña e O Parrote.

chick flicks (1)