Saltar al contenido principal

Resultados da Asemblea Xeral Extraordinaria

Resultados da Asemblea Xeral Extraordinaria

Na Asemblea Xeral Extraordinaria do xoves 5 de novembro de 2015, a Xunta Directiva da A.C. Donaire quedou conformada do seguinte xeito:

Presidente – Alejandro Gómez
Vicepresidente – Antonio Prado
Secretaria – Consuelo Romero
Tesoureira – Mabel Placer
Vocal – Estrella Miser
Vocal – Natalia Pérez
Vocal – Oscar Rouco

Damos a benvida Oscar e agradecemos a Bea o seu traballo durante estes anos.

O 7 de novembro, no Centro Ágora.

O 7 de novembro, no Centro Ágora.

cartaz_xbaile_peqO 7 de novembro estaremos poñendo música nunha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos na Coruña.

Deixámosvos o programa, agardamos vervos por alí, a nosa actuación será aberta:

09.45h – Entrega de documentación e apertura da Xornada

10.00h – Relatorio – Mercedes Peón: “Xénero é creación colectiva”

11.30h – Relatorio – Obradoiro: Francisco Feijoo (Chisco)– “As Xotas no sul de Galiza”

16.30h – Mesa Redonda –  Novas propostas de Baile Tradicional
Interveñen: Miguel Sotelo, Sergio Cobos e Xabier Iglesias
Modera: Pablo Díaz

17.45h – Relatorio – Obradoiro:  Pablo Díaz – “A muiñeira vella en Bergantiños”

20.00h – Actuación musical: A.C. Donaire

Novo curso 15/16 na A.C. Donaire!

Novo curso 15/16 na A.C. Donaire!

Chegamos de Suíza cargados de boas novas e coas pilas cargadas para o curso 15/16.

Setembro xa sabedes que é o noso mes de vacacións, pero tamén é o momento de aproveitar para anotarse en novas actividades… e de feito estamos estreando dúas actividades! Teatro e acordeón incorpóranse á asociación, agardemos que con éxito.

Tamén teremos cursos puntuais de bordado, colares… e máis novidades das que vos informaremos.

CARTEL

Clicade nas seguintes opcións para informarvos do que precisedes, e ante calquera dúbida escribídenos a info@acdonaire.com ou falade con nós no 677644339.

 

Remate das I Xornadas infantís Donaire

Remate das I Xornadas infantís Donaire

O martes 30 de xuño demos por rematada a primeira edición das Xornadas infantís Donaire de cultura tradicional galega.

Nas mesmas, coñecemos aspectos do noso folclore coma o baile, pandeireta e canto, percusión e gaita e tamén fixemos actividades coma teatro, manualidades e actividades deportivas.

Grazas ás familias, monitores, alumnos, Fillos de Breogán… e agardamos vervos na segunda edición!

 

xornadasdonaire

Donaire en Friburgo (Suíza)

Donaire en Friburgo (Suíza)

Xa é oficial, entre o 18 e 23 de agosto estaremos no RFI Rencontres de Folklore Internationales Fribourg (Suisse) amosando o noso folclore nesta localidade suíza.

É unha nova oportunidade de exportar a nosa tradición, neste caso compartindo espectáculos con grupos bretóns, irlandeses, turcos, panameños, colombianos, croatas, tibetanos e botswanos.

Toda a información do festival en http://www.rfi.ch/

affiche-515x738