O Berce de Donaire 2016

“O Berce de Donaire” é un festival que nace pola inquedanza da A.C. Donaire de que os cativos tamén teñan o seu espazo para amosar todo o que aprenden na asociación, xa que tamén merecen o seu protagonismo.

Dende o ano 2010 multitude de grupos procedentes de toda a xeografía galega acompañáronnos neste día, demostrando que o folclore está moi vivo, e coidando ós que serán os encargados da súa conservación.
Neste 2016 poderemos ver o vindeiro sábado 30 de abril, no Auditorio do Centro Ágora a:
 
– Asociación Cultural Donaire (A Coruña)
– Asociación Folclórica Ximiela (Louro, Muros)
– Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Santa Cruz, Oleiros)
– Grupo de Baile Tradicional do Concello de Outes
 
Entradas a 2€ (reducida) e 3€ (xeral), á venda en:
– Billeteira – Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
– Telefónicamente – 902 044 226 
 
Colaboran coa VII edición de “O Berce de Donaire”:
– Concello da Coruña 
– Deputación da Coruña
– Obra Social “la Caixa”
– Gadis
– Clínica Dental Pablo Varela